viernes, 9 de septiembre de 2011

UN CONTO MITOLOXICO DA TORRE DE HERCULES







































¿Torre de Hércules ou de Breogam?










A orixe do faro da Coruña






















A primeira delas, que xa aparece na crónica xeral (SÉC. XXII) de Alfonso X o sabio e nunha crónica escrita en galego de 1344, está relacionada co mundo clásico e relata unha interesante digestión do decimo dos traballos de Hércules. Nos tempos antiguos un rei chamado Xerión dominaba os territorios entre o río Texo e Douro. Exercía un poder tiránico sobre os seus súbditos, que o empazaron a odiar. Un día sóubose que chagara ás terras doque hoxe é Lisboa o semideus Hércules, protector dos débiles, e aquellas xentes pedirolle axuda.


























Xerión tivo medo é fuxiu cara a Galicia, pero Hércules foi detrás del.Baterónse corpo a corpo os dous xigantes na beira do mar duarnte catro días, ata que Xerión foi vencido. Hércules cortoulle a cabeza e mandou erguer naquel lugar unha torre moi alta, enterrando na sua base a caveira do vencido. O héroe dexesou fundar naquel lugar da beiramar unha cidade, que chamaría Cruña por ser unha muller con este nome a súa primeira poboadora.















A outra lenda está relacionada co mundo celta e está recollida no Leablar Ghabhála Erenn ou libro das invasións, manuscrito irlandes do séc XIII que copia outros anteriores do séc. VIII redactados por monxes irlandeses.








Segundo esta lenda a fundación de brigantia( A CORUÑA ) sería cousa de Breogán, caudillo galaico dos tempos prehistóricos. El sería temen o constructor da torre ( a torre de Breogán ). Un dos seus fillos, chamado Ith, fascinado pola visión dunhas terras que ó lonxe albiscara ó norte desde ó altoda torre decidiu ir conquistalas. Eran as as terras de Eirin (irlanda ). Esta fracasou pero nona seguinte, que levou a cabo outro dos fillos de Breogán; na tradición irlandesa consta que a cuarta das invasións da illa procedía do NO. da península ibérica. O transfondo desta lenda desvela a existencia de comunicacións marítimas entre as costas Galegas e as británicas eirlandesas desde os tempos prehistóricos. Esta lenda, popularizouse no séc. XIX da man de hitoriadores defensores do mito celta ede poetas coma Pondal.















Sen embargo, a lenda de maior acecptación popular foi a primeira, como se reflicte no escudo da cidade da Coruña desde a idade media no que apareze a torre e na súa base as tibias cruzadas e a caveira de Xerión.





DIEGO






























































1 comentario:

  1. Eu son nacionalista enton me decido por Breoghan.
    "Brath, fillo de Death, tivo un fillo en España chamado Breoghan.Foi criado ata o momento na que poido levar armas. Despois de certo tempo, Brath morreu e Breoghan ocupou o principado.
    Posteriormente fundou unha cidade chamada Brigantia e tamen edificou unha torre fronte a cidade e chamouna Torre de Breoghan.

    ResponderEliminar